jueves, 29 de octubre de 2009

A orixe do universo según os científicos

A teoría aceptada na actualidade recibe o nome de BIG-BANG (“gran explosión”). Parte do suposto de que nun principio toda a materia existente estaba concentrada nun único punto chamado "ovo cósmico". Nun momento determinado, hai uns 15 mil millóns de anos, e debido á gran presión, á temperatura, á gravidade, etc., á que estaba sometida esta masa, produciuse unha explosión tan tremenda que toda a materia saíu lanzada en múltiples direccións e desprazouse a gran velocidade de tal forma que hoxe en día ese movemento aínda continúa. Esta materia proxectada en todas as direccións comezaría a arrefriar e a súa forza gravitatoria faríase máis efectiva. Nese momento, as partículas empezarían a xuntarse e darían lugar, primeiro, á aparición de nubes de gases e po; a partir delas, posteriormente, comezarían a formarse estrelas. As máis próximas entre si formarían as galaxias e quedarían restos de po e gases entre as estrelas (nebulosas).



Esta gran explosión produciu unha especie de "eco", detectado en forma de microondas que constitúe a chamada radiación de fondo, capaz de ser observada por medio de radiotelescopios en calquera dirección do noso universo.
No futuro, as galaxias poderán seguir expandíndose indefinidamente ou poderán frear para, logo, ir xuntándose pouco a pouco ata orixinar un novo "ovo cósmico" Deste xeito repetiríase de novo todo o proceso. Que aconteza un caso ou outro dependerá de que a velocidade (V) de desprazamento das galaxias sexa superior ou inferior á atracción gravitatoria (G) que as galaxias exercen entre si:

No hay comentarios:

Publicar un comentario