jueves, 4 de marzo de 2010

As Primeiras Olimpíadas

Os xogos Olímpicos chamáronse así porque se xogaban no Santuario de Olimpia, en honra de Zeus e os xogos comezaban cunha cerimonia e un sacrificio ao Deus Zeus e disputábanse nun estadio da cidade de Élide.
A primeira edición consistiu unicamente nunha carreira de 185 ou 190 metros por 32 de ancho. Posteriormente fóronse engadindo carreiras máis longas, loitas e o pentatlón, que comprendía lanzamentos de disco e xavelina, carreiras a valmontes, salto de lonxitude e loita libre. Despois agregáronse o boxeo, as carreiras de carros, a forma de loita violenta coñecida como pancracia, e outros deportes. Outra das primeiras probas olímpicas foron os saltos en longo, por mor de que os gregos afacían saltar gabias e arroios, e estaban adestrados niso. O deporte máis emblemático de todas as olimpíadas é o maratón.
O lanzamento de disco foi unha das primeiras probas dos xogos olímpicos antigos. Estas actividades físicas, competencias e loitas, non só estaban ligadas a un sentido relixioso, posto que os realizaban en honra aos deuses e brindábanlles sacrificios; tamén influenciaron na cultura, especialmente na música e nas artes.
Os xogos olímpicos celebrábanse no verán e cada catro anos, período que chamaban Olimpíada. Nese período paralizábanse os conflitos bélicos. En honra aos Deuses e logrando a unión dos gregos nesas ocasións, celebrábanse os xogos antigos. Eran catro: os xogos ístmicos, os píticos, os nemeos e os olímpicos. O primeira maratón ocorreu cando en 490 antes de Cristo un heroe grego: o soldado Filípides, percorreu 40 quilómetros con noticias da batalla de Maratón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario