viernes, 20 de noviembre de 2009

Aforro enerxético

Aforro enerxético
O incremento do consumo de fontes de enerxía aumentou un 17% dende o período 1997 – 2000, e a falta de datos actualizados, podemos prever que o consumo segue a alza.
Este aumento de consumo leva consigo unha forte dependencia dos combustibles fósiles e do exterior, xa que a maioría dos combustibles fósiles son importados, ata o punto de que en España importase ata un 75% da enerxía que se consume.
Á vista deste escenario, faise imprescindible unha concienciación xeral sobre o aforro da enerxía, e o seu consumo responsable.
Para concienciarnos a todos, e darnos as pautas de conducta axeitadas para levar a cabo este aforro, tanto o IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro Energético), como o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), desenrolan campañas es estes aspectos. Recomendamos visita-la guía do aforro enerxético do Inega onde atoparemos cumprida información sobre o aforro enerxético.
FAEPAC, na súa contribución ao fomento do aforro, elaborará unhas guías orientadas tanto ao sector doméstico coma as institucións públicas. Namentres non chega a súa publicación ofrecemos uns consellos sinxelos para por en práctica.

1 comentario:

  1. O traballo está ben organizado: relación entre os temas, enlaces,... Os gadgets, ben. Supoño que a disertación a fuches incorporando aquí coas túas entradas. Grazas polo teu traballo e ánimo para seguir. Luís.

    ResponderEliminar